F. SARASQUETA
LA ENTREVISTA
Manuel Vicente «Chapí», autor de «Louvanzas e lembranzas rianxeiras» «A miña foi unha vida adicada á música e ó espectáculo», di Manuel Vicente «Chapí» cando se lle pregunta pola antigüedade da súa entrega ás artes e á cultura. E o seu, como demostra no libro recentemente publicado, «Louvanzas e lembranzas rianxeiras», tamén é a literatura, en forma de poemiñas sinxelos adicados á súa vila e ós veciños, de composicións feitas a xeito de agradecementos por toda a materia prima que lle proporcionaron as xentes de Rianxo para vivir e, en última instancia, para escribir.