14 mar 2002
«Os dados de Deus», hoxe con La Voz
A obra de Arturo Lezcano amosa nun feixe de relatos a imaxinación e ironía do autor Elaborar toda unha metafísica a partir da sinxela imaxe dunha botella de auga mineral é un dos logros de Arturo Lezcano (Ourense, 1939) no primeiro dos relatos que forman o libro «Os dados de Deus». Polo menos iso deixou escrito o seu gran amigo, case un irmán, Antón Risco na introducción do libro que hoxe entrega La Voz de Galicia polo prezo de só un euro, máis o custo do xornal e o cupón do lombo do diario. O relato do que escribiu Antón Risco é o titulado «A botella de Mondariz«, o primeiro da obra.
REDACCIÓN