09 jun 2002
«Cando rematen os catro anos teremos case o 100% do programa cumprido»
José Luis Pérez Estévez, alcalde de Meis Aínda que dirixe un concello pequeno, José Luis Pérez sinte que o tempo non lle chega a nada. E é que as horas non son suficientes para atender a tódolos proxectos e a tódolas inquedanzas dos veciños. Con todo, o alcalde está satisfeito do traballo que leva feito durante estes tres anos que leva no cargo. Un período no que «o que fixemos foi asentar as bases para o desenvolvemento socioeconómico do concello». Con todo, considera que «aínda que se fixeron moitas cousas, sempre queda moito por facer». Por iso, «se o Partido Popular o considera oportuno», lle gustaría volver a presentarse á reelección.
M. S.