31 may 2002
Catro días de emocións intensas
Os rexedores de Barbanza percorreron 153 millas a bordo do «Juan Sebastián de Elcano», convivindo coa súa tripulación Onte remataba no peirao de Vilagarcía unha experiencia inesquecible para os catro rexedores barbanzanos. Atrás deixaban catro días de intensas emocións a bordo do buque insignia da Armada española, o «Juan Sebastián de Elcano». Ó longo da súa viaxe pola costa pontevedresa, percorreron 153 millas, aínda que as máis importantes para os alcaldes foron as que transcorreron pola ría de Arousa.