No Salnés consérvanse vivos máis de tres mil alcumes como sinais de identidade que se transmiten de pais a fillos Resultan, en ocasións, moito máis populares que os nomes e os apelidos oficiais. A súa orixe pode estar en calquera parte: profesións, defectos físicos, capacidades fóra do común, aficións, atributos sexuais, xeografía. O único requisito preciso é o inxenio dun creador anónimo, e o éxito popular da nomeada está practicamente garantizado. Son os alcumes. Dacordo cun estudo do historiador Gonzalo Bouza-Brey, que en breve verá a luz, no Salnés existen alomenos tres mil motes que serven para identificar persoas, familias e mesmo vilas e parroquias. «Mediacona», «perrecho», «burrancán», «pirolas». Todo é posible.