TEMA Cómics

Últimos artículos publicados

30 may 2002

«'Golfiño' é unha oportunidade como a que non houbo nunca en Galicia ata agora»

Miguelanxo Prado, dibuxante Cando era neno pasou varios anos engaiolado coas imaxes dun libro que había na biblioteca do seu pai «pero non entendía de que ía aquela historia cun oso, un elefante...». Aquel era «El libro de la selva» e o quen lembra aquela vivencia é Miguelanxo Prado. O debuxante considera indiscutible que «todo aquilo que leva imaxes para un ser humano, da idade que sexa, ten un atractivo especial, porque somos unha especie que primamos o sentido da vista». Miguelanxo Prado é un dos debuxantes de «Golfiño», a revista de banda deseñada que entrega mañá La Voz por só medio euro e que Prado califica de oportunidade única para Galicia.

R. GARCÍA

30 may 2002

Una tropa de presidiarios

Robert Redford protagoniza «La última fortaleza», un «thriller» ambientado en el ejército americano

28 may 2002

«O cómic tamén é literatura»

Fausto Isorna, director artístico de «Golfiño» A revista de banda deseñada «Golfiño» chega este venres ó terceiro número da súa nova etapa. O seu director artístico, Fausto Isorna, asegura que iste é un producto de éxito que intenta chegar a un público de tóda-las edades e recuperar a mellor tradición dos cómics clásicos. A terceira entrega de «Golfiño» leva cada venres ó quiosco da man de La Voz de Galicia toda unha escudería de personaxes que prometen chegar a converterse nos Carpanta ou Mortadelo e Filemón da banda deseñada en galego.

REDACCIÓN

27 may 2002

La Voz entregará co terceiro «Golfiño» o CD «A aventura máxica de Merliño»

A revista de banda deseñada e o videoxogo chegarán ós quioscos o venres por 50 céntimos de euro «Golfiño», a revista de banda deseñada en galego, estará de novo o vindeiro venres nos quioscos da man de La Voz de Galicia. E, ó igual que a semana pasada, chegará con sorpresa. Por só cincuenta céntimos de euro, os lectores atoparanse coa publicación, e sen ningún prezo engadido, co CD interactivo «A aventura máxica de Merliño». Trátase dun videoxogo para rapaces, aínda que tamén gustará ós adultos, no que o xogador percorrerá sete escenarios típicos de Galicia, para o que terá que coñecer lendas tradicionais.

REDACCIÓN

21 may 2002

La Voz dará o venres coa revista «Golfiño» un CD con xogos do «Bosque animado»

A publicación de banda deseñada venderase por só 50 céntimos de euro máis o prezo do xornal Os mellores debuxantes e guionistas de Galicia postos ó servicio dos lectores de La Voz, e por só cincuenta céntimos de euro. Esta é a aposta que o xornal porá en marcha a partir do vindeiro venres ca entrega, con carácter semanal, da revista de banda deseñada «Golfiño», unha histórica publicación que agora volve ós quioscos da man de La Voz. Nos tres primeiros números tamén se ofrecerá de forma gratuíta un CD interactivo con videoxogos protagonizados polos personaxes da película «O bosque animado».

REDACCIÓN

20 may 2002

«¿Golfiño¿ é a primeira aposta pola revista de cómic en España»

Kiko da Silva, debuxante «O meu nome non me gusta nada e ata estou pensando en cambialo no DNI e poñer o de Kiko da Silva». Isto di un dos debuxantes que vén de incorporarse á nova etapa da revista «Golfiño», que por só medio euro véndese os venres con La Voz. Kiko da Silva é o autor dos debuxos e guión de «Os biosbardos», cos lembra ó protagonista dunha das primeiras historias do comic.

M.R.

14 may 2002

La Voz recupera «Golfiño», a única revista de banda deseñada publicada en galego

O xornal regalará no Día das Letras Galegas o cómic, que despois estará nos quioscos con periodicidade semanal O «Golfiño» volve ás augas do Atlántico. La Voz de Galicia recupera esta publicación de banda deseñada en lingua galega, que se entregará como agasallo este venres, Día das Letras Galegas. Despois, «Golfiño» estará nos quioscos cada semana, á venda polo prezo de só 50 céntimos de euro. Vellos coñecidos da revista como o can «Palleiro» ou «Os Escachapedras» estarán de novo cos lectores, xunto con incorporacións como os protagonistas do filme «O Bosque Animado» ou Xabarín, da TVG. «Golfiño» pretende acoller ós mellores debuxantes de banda deseñada de Galicia e achegalos a público de tódalas idades.

REDACCIÓN

14 may 2002

Un «Golfiño» de papel e sorrisos

A revista de banda deseñada aspira a amosar o talento dos debuxantes e guionistas galegos cun carácter marcadamente lúdico Galicia conta cun número importante de guionistas e debuxantes de banda deseñada de gran calidade. A revista «Golfiño», que volve ós quioscos da man de La Voz, pretende ser unha xanela para que os lectores coñezan o traballo do cómic galego actual. Dirixida principalmente a un público novo en idade, a revista regresa co obxectivo de chegar a un público maioritario, independentemente dos seus anos.

REDACCIÓN

11 may 2002

Un faro para guiar al medio ambiente

El colegio Praia de Quenxe de Corcubión presentó ayer en Onda Cero una maqueta de la señal de O Carrumeiro El complejo medioambiental de Sogama en Cerceda recibió la visita de un grupo de estudiantes del colegio Praia de Quenxe de Corcubión con ocasión de la emisión del programa de radio «Xuntos na escola», que cada sábado Onda Cero Galicia realiza en el salón de actos de la planta. Los jóvenes mostraron grandes conocimientos sobre el problema de los residuos sólidos urbanos y renovaron su compromiso de separar los residiuos tanto en el colegio como en sus propias casas. En el programa también explicaron cómo confeccionaron una espectacular maqueta del faro de O Carrumeiro con papel y cartón reciclado.

PEDRO TASENDE

10 may 2002

Spiderman protagoniza la vigésima edición del salón del cómic de Barcelona

El auge de la promoción editorial y las ventas ha comenzado a apagar la frescura de las primeras ediciones de la cita artística Es algo poco usual que Spiderman en persona se encargue de la promoción de su propia película. Y es extraño, porque al entregar un colorido folleto se diría que es algo más gordo de lo que aparenta en las viñetas. Que el encuentro tenga lugar, además, en la estación de Francia de Barcelona tampoco resulta demasiado extraño. No existe un límite muy claro entre realidad y fantasia en el salón internacional del cómic de la ciudad condal, que este año celebra su vigésimo aniversario. El hombre araña es uno de los principales protagonistas del evento, que comenzó ayer muy enfocado hacia la promoción y las ventas.

IVÁN LÓPEZ