Gloria Sánchez, a pregoeira desta nova edición do certame, fixo una loa en versos medievais á cidade Entre domingo e domingo. A Feira do Libro abriuse no paseo da Alameda con 32 casetas que expoñen e venden novedades editorias e outras que funcionan polo tirón dos autores ou do xénero. Gloria Sánchez, autora de literatura infantil galardoada co premio Lazarillo deste ano, agasallou ó público cun fermoso pregón no que fixo unha loa a cidade na que «falan en verso as pedras» e no que puxo a ler ós profetas do Pórtico da Gloria. O alcalde declarou inaugurada a Feira decindo que, con ela, «a primavera chega a Santiago», toda unha frase se os trebóns non asolan o certame, como caseque tódolos anos, e agardan a que pase o día 6.
C.P.