12 feb 2001
«Os meus personaxes van ao Courel cando foxen do que os angustia»
FRANCISCO ALBO A ENTREVISTA Xurxo Borrazás, autor da novela «Na maleta», ambientada na montaña lucense Xurxo Borrazás, un dos nomes máis destacados da narrativa galega actual, sitúa na Serra do Courel algúns escenarios da súa última novela, «Na maleta». Natural da vila coruñesa de Carballo e residente en Vigo, sente polas terras da montaña lucense unha forte atracción que comparte cos seus personaxes. Borrazás, galardoado co Premio da Crítica española pola súa novela «Criminal», ten publicado ademais os libros «Cabeza de chorlito», «Eu é» e «Contos malvados».