27 may 2000
Membros da organización estudiantil Erga reuníronse vintecinco anos despois
A xuntanza celebrouse onte ó mediodía no pazo de Congresos de Santiago Estaban nas aulas da Universidade de Santiago e decidiron loitar «por un ensino galego, científico, popular e democrático», o lema de Erga (Estudantes Revolucionarios Galegos), a organización estudiantil que entre 1973 a 1983 fixo agromar a conciencia nacionalista nas súas reivindicacións. Pasaron máis de vintecinco anos, e maís dun cento daqueles mozos, «sen nostalxia pero con memoria», reuníronse onte no Pazo de Congresos compostelano, nun xantar no que moitos se reencontraron recoñecendo a esencia.
CONCHA PINO