O traballo inclue o tema «Millworker», de James Taylor, en versión da estrela folk norteamericana Kathy Mattes Anuncian que volven os Milladoiro con novo disco. É unha verdade a medias, porque en realidade non volven: sempre están aquí, como o orballo, como as mimosas, como vellos sillares sostendo ese edificio da música galega desde hai casi un cuarto de século. Levan vintetantos anos, pero a súa ilusión é noviña, «non nos importa o pasado, o futuro é magnífico», afirma con rotundidade un dos seus membros. Agora, con esa ilusión de rapaces, atoparon un niño daqueles que os cativos asaltaban polas silveiras aínda que este non ten os ovos dun paxaro, ten algo mellor: é o niño do sol, o lugar donde cada tardiña o sol vótase a dormir.
RODRI GARCÍA