02 oct 2001
«É lamentable que non haxa proxecto de conexión do porto con Pontevedra e Vigo»
Francisco Trigo, número 2 da candidatura do BNG por Pontevedra A diferencia dos outros candidatos da comarca, Francisco Trigo Durán sabe ben o que é estar no Parlamento, onde leva xa doce anos como deputado nacionalista. Pero as súas aspiracións distan moito de estar na oposición. «O BNG non ten vocación de oposición, a nosa é vocación de goberno». Ilusionado polos resultados do seu partido nas últimas citas electorais, e negando un suposto estancamento do BNG dende as pasadas autonómicas, presenta un programa de goberno que recita de memoria e que, nos seus aspectos básicos, está moi vencellado ós principais problemas da terra que o veu nacer.