TEMA Fiestas del Carmen

Últimos artículos publicados

20 jul 2002

Os vellos costumes gañan novos adeptos

As romarías tradicionais de Remuíño e Montemaior foron pratos fortes dunha fin de semana cargada de citas festivas As tradicións están de moda, e as romaxes de toda a vida gañan cada ano en popularidade entre as vellas e as novas xeracións. «Houbo moita xente», aseguraba onte unha veciña de Montemaior. E así é tódolos anos na festa adicada a santa Margarida, na que os devotos puxan pola misa do ano seguinte e pola cera, fan as súas promesas á virxe e mollan os panos na fonte milagreira. A uns cantos quilómetros de distancia, na parroquia cabanesa de Corcoesto, a romaría de Santa Mariña de Remuíño convertíase no outro eixo da xornada, con ofrendas, merendas e roda de lume incluídos. E todo iso nunha fin de semana repleta de festas.

LUCÍA GIL / C. ABELLEIRA

18 jul 2002

Recordos dun mar sempre presente

A Illa abre esta tarde unha exposición de embarcacións tradicionais dentro das festas do Carme A Illa continúa hoxe coas súas festas, preparando a que será mañá a súa xornada grande. Se onte as homenaxes lle foron adicadas a San Ramón, hoxe será San Roque o protagonista dos actos, para deixar paso mañá sábado á Virxe do Carme. Acompañando ós actos lúdicos e relixiosos, esta tarde a asociación Dorna abrirá na lonxa unha exposición na que se recolle o traballo feito pola Escola de Navegación e Aparellamento de Embarcacións Tradicionais. Unha mostra que poderá visitarse ata mañá.

M. S.

18 jul 2002

Cerceda tivo racións sen plumas

Con cincocentas racións de polo, pementos e abundante viño estreábanse un ano máis as festas do Carme na capital municipal Ás sete da tarde daba comezo unha nova edición das festas do Carme en Cerceda. Os catro días de celebracións principiaban ca I Festa dos zanquiños e pementos. O lugar escollido foi o Campo da Feira onde dende primeiras horas da tarde os organizadores poñían todo a punto para que nada faltase ós asistentes.

16 jul 2002

A Mariña dio gracias a la Patrona del Mar con alfombras de flores, lluvia de pétalos y palomas

La imagen de la Virgen salió en procesión en San Cibrao y Foz en una mañana espléndida de fiesta y playa Las localidades de Foz y San Cibrao celebraron ayer el día grande de las fiestas del Carmen. La imagen de patrona de los marineros desfiló en procesión en Foz sobre las hermosas y coloristas alfombras florales que cubrían las calles del barrio de pescadores y en la Península de la Paz lo hizo bajo la lluvia de pétalos que los devotos arrojan a su paso. Es la expresión del fervor de dos pueblos cuya historia está ligada a la mar desde muy antiguo. En San Cibrao el programa de actos continúa hasta el próximo domingo, con teatro, ballet, música folk y actividades náutico-deportivas. En Foz se cerraba ayer tras varios días de festejos.

INMA EIROÁ