San Pedro tamén quere o seu lume
As cacharelas na súa honra son moi populares nalgúns puntos da comarca de Ordes, incluso máis que as de San Xoán A noite do mércores, algún viaxeiro non coñecedor puido levar un pequeno susto ó circular pola N-550, ó seu paso polo municipio de Ordes. Ducias de columnas de fume elevábanse no ceo, saíndo das eiras das casas e dos montes. Pero unha lixeira investigación levaría ó alertado forasteiro a descubrir un costume que non está moi extendido: o das cacharelas de San Pedro. E vería que nalgunhas aldeas, como Guindibóo, As Casillas ou Montaos, pode que estas sexan aínda máis populares que as de San Xoán. En Aiazo (Frades), por exemplo, o feito de que sexa o patrón da parroquia inflúe na popularidade das celebracións.
MANUEL A. CALVO