TEMA Francisco Fernández del Riego

Últimos artículos publicados

02 abr 2001

Marino Dónega, incinerado no cemiterio coruñés de Feáns

Á cerimonia asistiu só a familia e un pequeno grupo de amigos, encabezados por Fernández del Riego O sol do mediodía puxo un pouco de calor. A comitiva botou a andar polos camiños do cemiterio de Feáns, na Coruña. Herba verde, flores, cipreses, paxaros ao lonxe, unha das mil primaveras de Cunqueiro despedía a un home, que sen ter nacido en Galicia, fixo desta terra a súa patria. O cadaleito de Marino Dónega marchaba cara o crematorio. Detrás, o seu fillo Fernando (de gran parecido físico ó pai), familiares e un pequeno grupo de amigos encabezados por Francisco Fernández del Riego.

REDACCIÓN

25 mar 2001

El instituto Alfredo Brañas de Carballo inicia sus actividades con una ruta geológica

El instituto Alfredo Brañas de Carballo abre hoy su ciclo de actividades con un itinerario geológico por la Costa da Morte, que será dirigido por el catedrático de Geodinámica de la Universidad de A Coruña, Juan Ramón Vidal Romaní, que además es el responsable del Instituto Geológico de Laxe, creado por Isidro Parga Pondal.

REDACCIÓN

19 mar 2001

Neira Vilas, candidato á Academia

O autor de «Memorias dun neno labrego» cubriría unha das catro vacantes da entidade que preside Del Riego Xosé Neira Vilas pode ser o próximo que ingrese na Real Academia Galega. O autor de «Memorias dun neno labrego», o libro con máis exemplares vendidos da literatura galega, sona coma o seguinte notable que accederá á institución que se creou en 1905 na Habana, impulsada por Curros Enríquez. A Academia cubrirá no 2001 as cinco novas cadeiras creadas o ano pasado, cando os seus membros acordaron aumentar a 30 os 25 académicos a que reduxo nos primeiros anos oitenta os 40 con que se constituíu.

CONCHA PINO

17 mar 2001

A poeta Xohana Torres, elixida para ingresar na Real Academia Galega

É a terceira muller que accede á institución que preside Fernández del Riego A escritora Xohana Torres Fernández (Santiago, 1931) será a terceira muller que ocupará unha cadeira da Real Academia Galega. O pleno da institución aprobou onte por unanimidade o ingreso da poeta que renovou a lírica galega nos 50 no «sancta sanctorum» da intelectualidade galega, que preside o escritor Francisco Fernández del Riego desde 1977.

CONCHA PINO