30 jun 2001
O Salón do Libro confirma a falta de promoción do galego
A carpa da Alameda péchase hoxe cun gran éxito de público e de vendas A resposta do público que está obtendo o Salón do Libro confirma que as obras en galego, o 99% das expostas, ou editadas en Galicia interesan. Xesús Couceiro, o libreiro encargado de xestionar o certame en Compostela, confesaba a súa sorpresa pola afluencia de persoas que houbo onte, «un sábado con sol e de inicio de vacacións, e incluso competindo coa final de fútbol na que xogaba o Celta».
CONCHA PINO