30 ene 2002
Polémica en Gondomar polo incremento da partida do lixo ó trasladalo a Porriño
O BNG pensa que a «irreal compensación ofertada polo Concello pode supor a precarización do servicio» Un dos puntos máis polémicos do pleno de Gondomar foi o relativo á compensación por quilómetro no traslado da basura. O goberno, co respaldo do PSOE, acordou resolver este litixo con Geseco establecendo o prezo de 0,71 euros (118 pesetas) por quilómetro e día de recollida efectiva. O BNG, que non apoiou no seu día a privatización do servicio, abstívose