23 feb 2026
Estrea en Lugo dun documental sobre memoria histórica: «A miña avoa entrou no cárcere sendo un bebé de 6 meses»
A artista lucense Carmen P. G. Granxeiro presenta este martes en O Vello Cárcere o filme «Alén dos silencios», un exercicio de memoria familiar enmarcado na Guerra Civil e na ditadura, partindo do relato persoal da súa avoa. Trátase dunha homenaxe ás persoas que sufriron as violencias do franquismo e unha reflexión sobre o papel do silencio na historia