05 jul 2002
A xunta de persoal da área sanitaria de Monforte esixe unha UCI para o hospital
O traslado de pacientes críticos a Lugo causa numerosos problemas e conflictos, segundo os profesionais Máis de trescentos profesionais encadrados na área sanitaria de Monforte apoiaron coa súa sinatura a solicitude de creación dunha Unidade de Coidados Intensivos (UCI) no hospital comarcal Doutor Julián García, planteada formalmente pola xunta de persoal da zona na súa última reunión. Os peticionarios sinalan que a inexistencia dun servizo deste tipo obriga a trasladar os enfermos en estado crítico ó hospital de Lugo, causándolles perxuízos de tipo sanitario, psicolóxico e económico. Esta situación, segundo afirman, tamén provoca conflictos e enfrontamentos entre os pacientes e as súas familias e persoal sanitario.