MARIOLA FILGUEIRA
A ENTREVISTA
Xosé Manuel Lado Romero, xerente do Hospital Psiquiátrico de Conxo Chegou á súa profesión un pouco por casualidade. Aspiraba «a médico, tan só», pero un profesor de Psiquiatría _López Villamil_ deixouno tan impresionado que decidiu continuar os seus pasos. Así, Xosé Manuel Lado especializouse en Neuropsiquiatría, unha paixón que exerce dende hai máis de 35 anos. Da súa disciplina gústalle «sobre todo, o lado humano, axudar a mellorar a calidade de vida do paciente e dos seus familiares». Sobre a súa vida, tén unha filosofía clara: «Morrer xoven, pero o máis tarde posible».