P. TASENDE/ E. SILVEIRA
A ENTREVISTA
Corina Porro, responsable da Consellería de Servicios Sociais da Xunta de Galicia A conselleira de Servicios Sociais da Xunta, Corina Porro, anunciou esta semana os proxectos que levará a cabo o seu departamento neste ano. Entre os plans destaca a construcción de varias residencias destinadas a persoas maiores. Aínda que aínda non está concretado o lugar onde se edificará, haberá unha na comarca de Bergantiños porque, como asegurou a conselleira, «Bergantiños é unha comarca prioritaria». Segundo a «filosofía» da responsable autonómica, a Xunta pretende que os servicios sociais sexan universais, «para que cheguen a tódolos galegos, e non só a aqueles que non teñen recursos».