TRIATLÓN
Iván Raña, diploma olímpico e novo corredor do Súper Froiz Iván Raña Fuente (Ordes, 1979), entrou coma un meteoro no reducido espacio dos deportistas galegos de elite cando acadou o quinto posto na proba de triatlón dos xogos olímpicos de Sidney 2000. Raña, prófugo da falsa modestia, confesa que esperaba «máis ou menos» esta posición, e define como ninguén o fixo o que é un diploma olímpico: «É un papel gris cunha firma de Samaranch que pon Iván `Rana'', quinto posto, e todo iso. Deillo a miña nai, supoño que o terá colgado». Afeccionado á bici de montaña e o ciclocross, agora afronta o seu último reto: participar co Súper Froiz pontevedrés na temporada ciclista amateur.
MARTIÑO SUÁREZ