No paseo marítimo descubriuse un busto do vate elaborado polo escultor Ramón Conde O paseo portuario de Rianxo xa ten un hóspede máis, un busto de Manuel Antonio, e a rúa do Medio conta cunha nova placa, que recordará o día de verán en que o poeta máis rebelde e vangardista que «deu a luz» Galicia foi declarado fillo predilecto da vila. Foi unha xornada emotiva, a do mércores. Políticos, persoeiros da cultura, poetas e veciños déronse cita no Concello, onde se declarou oficialmente o respecto de Rianxo polo vate mariño. Todo o mundo quixo ler algo seu, durante ou despois do acto, a xeito de homenaxe.
F. SARASQUETA