Xacobe Pérez Paz, presentador de «Bo proveito con... Xacobe», na TVG O polifacético humorista Xacobe Pérez Paz leva once anos colaborando coa TVG, en programas como «Verán, verán», «Aula 2001», «Pasarela de estrellas», «A noite en Blanco», «Selección galega» ou «Tensión total», e sendo pregoeiro nunha manchea de festas de Galicia, amais de membro da Encomenda do cocido de Lalín, da Asociación do Cabalo Galego, e da Asociación de Burros Fariñeiros. Agora presenta o programa culinario «Bo proveito con... Xacobe», no que amosa a súa faciana culinaria.
FÉLIX CAL