TEMA Laxeiro

Últimos artículos publicados

23 may 2002

Vintecatro artistas galegos donan obra para Arxentina

As pezas, que se exporán dende hoxe no auditorio de Lalín, poderán mercarse Vintecatro artistas, na súa maioría da comarca de Deza, donaron pinturas, esculturas, fotografías e gravados para Arxentina. A mostra, que se inaugurará hoxe ás 20.30 horas no Auditorio Municipal de Lalín, poderá visitarse ata o día 28 e os interesados poderán mercar as pezas que alí se exhiben. O prezo das mesmas oscila entre os 40 e os 9.000 euros (1,50 millones de pesetas) e sortearase unha serigrafía do artista Laxeiro, donada polo Concello de Lalín.

AMELIA FERREIROA

15 may 2002

Grupos de teatro de Lalín escenificarán veinte obras

Los cursos de la escuela municipal se clausuran el 28 de junio La Escola Municipal de Teatro, en la que están integrados alrededor de 300 escolares de varios centros educativos y de parroquias lalinenses, ha programado una veintena de representaciones a cargo de otros tantos grupos para lo que queda de mayo, junio y principios de julio.

RAQUEL TORRES

15 may 2002

Os colexios da zona rebosan actividade para celebrar a festividade da lingua

Os alumnos da comarca de Deza participarán hoxe en xogos e en diversos actos para lembrar a Frei Sarmiento Os escolares das comarcas estánse acercando máis a figura de Frei Sarmiento, os máis pequenos son os que o teñen máis difícil para comprender a súa labor en col da lingua. Os distintos centros educativos celebran hoxe ou fixérono durante os últimos días numerosas actividades para inculcar entre os alumnos a importancia do Día das Letras Galegas e sobre o papel destacado que este monxe tivo na lingua galega.

REDACCIÓN

08 may 2002

«Preséntanse obras de gran calidade»

AMELIA FERREIROA PROTAGONISTAS Damián Payo, comisario da exposición de pintura escolar Mestre Laxeiro A entrega dos premios do cuarto Concurso de Pintura Escolar Mestre Laxeiro, convocado polo Concello de Lalín e patrocinado pola Central Funeraria, desenvolverase mañán no Auditorio Municipal ás oito do serán. Unha hora antes abrirase ó público, no museo Aller Ulloa, a mostra dos 253 debuxos seleccionados de entre os 3.212 que presentaron os rapaces dos dezasete centros de ensino da comarca. O comisario da mostra, Damián Payo, salientou a calidade das obras.

26 abr 2002

Unha visión da arte galega

O Auditorio de Galicia acolle ata o 28 de xullo a exposición de cen obras da Colección Caixanova O Auditorio de Galicia acolle desde onte unha mostra da Colección Caixanova, un fondo con máis de 2.500 obras de pintura, escultura, gravados, debuxos e fotografías. As cen obras doutros tantos autores que se mostran en Santiago preséntanse como «Unha visión da arte contemporánea galega», un amplo recorrido sobre todo pictórico que abrangue desde 1945 ata o 2000. Arranca con sendas obras de Xulia Minguillón e de Isaac Díaz Pardo, e remata coa de artistas das últimas xeracións como Pamen Pereira, Salvador Cidrás e Tatiana Medal, últimos artistas incorporados a esta colección, que é un valioso patrimonio.

C.P.

25 abr 2002

Vintetrés traballos inclúense no anuario Descubrindo

O libro preséntase mañán, ás 13 horas, na «mesa familiar» do Pontiñas O cuarto número do anuario Descubrindo, que publica o Seminario de Estudios de Deza, será presentado mañán na «mesa familiar do Pontiñas». Ó acto, que está programado para a unha do mediodía, asistirá o concelleiro de Cultura, Román Rodríguez, e os autores dos diferentes traballos que se recollen en dito anuario. O libro, que xa se poderá mercar nas librerías dende a vindeira semán, consta de 23 textos realizados por trinta investigadores.

AMELIA FERREIROA