28 jun 2002
A Xunta obrigará ó Concello de Pantón a reforzar a protección das zonas históricas
Política Territorial considera que hai que modificar o plano de ordenamento municipal para poder aprobalo A Consellería de Política Territorial informou desfavorablemente o proxecto do Plano Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM) de Pantón e instou ó concello a introducir nel unha serie de modificacións para que poida conseguir a aprobación definitiva. A Xunta considera que é necesario detallar e reforzar as normas de protección do entorno do mosteiro das Bernardas e do castro de Ferreira polo seu especial valor. Ademais, será necesario modificar a normativa referente ós solos urbanos e rústicos e ás zonas verdes, así como definir os terrenos destinados a equipamentos socioculturais e educativos.