Os lectores galegos teñen xa a posibilidade de atinxiren «un sucedáneo de libro que conteña unha obra clásica da literatura universal», en palabras de Xulián Maure, presidente da Asociación de Traductores Galegos, promotora desta empresa non lucrativa. A ATG propuxera á Xunta crear unha «biblioteca de familia», para distribuir semanalmente en todos os quioscos, a precios económicos, coidadas edicións dos clásicos da literatura universal, mais polo momento non houbo unha decisión. Xa que logo, a ATG decidiu aproveitar a rede Internet para suplir aquel baleiro, malia a súa convicción de que o placer do libro non é equiparable «ó placer de ler nun monitor, nun libro electrónico ou na impresora.»
ARTURO LEZCANO