Xerais concede á Biblioteca 120 de La Voz o premio á cooperación no labor editorial
O galardón distingue «a máis importante iniciativa de alfabetización acometida na historia da literatura galega» A Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia recibiu onte ó premio á cooperación no labor editorial que concede Edicións Xerais de Galicia. Deste xeito, distingue o esforzo dunha colección que pretende achegar ó maior número de lectores a literatura de calidade escrita en lingua galega. Este ano, o premio foi dedicado á memoria de Carlos Casares. Pero a noite tivo máis galardóns. Nun acto celebrado no Museo do Coiro de Allariz, Inma López Silva acadou o premio Xerais de novela con «Concubinas», mentres que Xosé Miranda levou para Lugo o Merlín con «Pel de lobo», unha historia de aventuras e terror.
REDACCIÓN