A denominación actual do Anllóns non aparece na literatura escrita ata Eduardo Pondal Dicimos topónimo, e non hidrónimo. Preferimos Allóns. A primeira vez que lin Anllóns foi, claro é, no tan coñecido poema de Pondal. A primeira vez que oín dicir solemnemente, enfaticamente, Anllóns, foi na declamación polo vate Pérez Parallé, en Carballo, dunha larga poesía súa que fora premiada no concurso literario celebrado en Bergantiños. Sería polos anos 1978-1979. Aquel poema foi publicado en «Mensaje de Bergantiños», boletín interparroquial. O noso río é o resultado da confluencia de moitos pequenos ríos. Todos teñen candanseu nome alí por onde pasan. Por iso non é posible coñecer onde nace o Allóns.
XOSÉ PUMAR GÁNDARA