10 oct 2000
«A liberdade de horarios comerciais só beneficiará aos grandes núcleos»
F. ALBO A ENTREVISTA Alejandro López, autor dun estudio sobre a economía terciaria do sur lucense O monfortino Alejandro López González, doutor en Xeografía e Historia e especialista en xeografía económica, acaba de publicar o libro «As actividades terciarias nas vilas do sur da provincia de Lugo», que recolle as investigacións efectuadas para a súa tese de licenciatura. Nesta obra, que estudia o periodo de 1960 a 1995, poden encontrarse as principais claves da actual situación económica local. O seu traballo é o primeiro deste tipo que se realiza na zona.