Os personaxes do Bosque Animado disputan un peculiar mundial de fútbol na liga de roedores As viñetas de «Golfiño», a única revista de cómic publicada integramente en galego, chegarán de novo este venres ós quioscos de toda Galicia. A sexta entrega desta segunda etapa de «Golfiño» ofrece ós numerosos fans de banda deseñada un singular cóctel no que se mesturan os personaxes máis diversos. Os Escachapedras, os alumnos da Escola de Vilaverzas, os Kinkilláns, o deportista Tito Longueirón ou os vixiantes do Camiño preséntanse con novos episodios nesta variada entrega da publicación galega.
REDACCIÓN