28 may 2002
Imaxinación e sorriso contra a estupidez
Cabezas defende o valor da literatura fantástica na entrega do premio que leva o nome de Vicente Risco, concedido a Xosé Luís Martínez O Liceo de Ourense acolleu onte a entrega do terceiro premio Risco de Literatura Fantástica. «A embaixada do vinagre», de Xosé Luís Martínez Pereiro foi a obra gañadora deste premio que convocan o Concello de Ourense, a Fundación Risco e que edita Sotelo Blanco. Na entrega o alcalde, Manuel Cabezas, referiuse ó premio como unha homenaxe a Vicente Risco e ó seu fillo Antón e defendeu a fantasía, a imaxinación e o sorriso coma un antídoto contra a estupidez.
X. M. R.