A fortaleza, baluarte defensivo da cidade, construiuse no século XIII e foi destruída no XV Os vestixios da historia de Compostela exténdense extramuros na cidade, e incuso máis aló do que chegaron a ser os límites do actual Concello, nas terras de Conxo. Alí están, deixadas da mán da administración competente, as ruínas da Rocha Forte, unha fortaleza da primeira metade do século XIII que foi destruída no XV polos Irmandiños. A deputada nacionalista Pilar García Negro reclamou onte no Parlamento a intervención da Xunta para garantir a conservación dos restos e do contorno do río Sar.
CONCHA PINO