CRISTINA LÓPEZ
A ENTREVISTA
Antonio Reigosa, escritor e membro do equipo Chaira Co obxectivo de crear arquivos da tradición oral de diversas vilas luguesas, o grupo de investigación Chaira traballa, dende hai oito anos, na recopilación de lendas, contos e romances. Un dos seus membros, Antonio Reigosa, reflexiona nesta entrevista acerca da utilidade persoal e social desta cultura de transmisión oral, e da importancia de propiciar «fías» ou «polavilas», onde escoitar e dar a coñecer historias que forman parte da auténtica producción cultural dun pobo.