15 abr 2002
«En Sober, a destilación ambulante de augardente foi unha estratexia para evitar a emigración»
FRANCISCO ALBO A ENTREVISTA Xosé Antonio Fidalgo Santamariña, autor do libro «Os saberes tradicionais dos galegos» O etnógrafo e historiador ourensán Xosé Antonio Fidalgo Santamariña presentará en Sober o próximo día 27 o seu libro «Os saberes tradicionais dos galegos», dedicado en boa parte ós alambiqueiros ambulantes deste concello e galardoado co premio de etnografía Xesús Taboada Chivite. A obra dá continuidade a outros estudios realizados por Fidalgo Santamariña sobre os oficios tradicionais da Ribeira Sacra, como os afiadores de Nogueira de Ramuín. Na súa opinión, todas as inciativas que se leven a cabo para recuperar as tradicións da Ribeira Sacra deberían respectar a unidade existente entre a zona lucense e a ourensana.