25 ago 2001
«Nestes días rómpese ca rutina diaria»
MARÍA XOSÉ MIYARES A ENTREVISTA Lino García, concelleiro de Cultura, Facenda e Normalización Lingüística do municipio noiés Lino García acaba de «aterrizar» no Concello noiés, polo que, cando el «desembarcou» na nave, o deseño do programa das festas xa estaba a piques de saír do forno. Pese a todo, nos dous últimos meses, dende o seu cargo de concelleiro de Cultura, arrimou o ombro como o que máis para que todo saia á perfección.