TEMA Normalización lingüística

Últimos artículos publicados

16 may 2001

Galicia dá lustre hoxe ás súas letras

A FESTA DA PALABRA / A Real Academia Galega reúnese en sesión pública no mosteiro de San Clodio para homenaxear a Eladio Rodríguez «Esta semana xa sabes: poña un escritor na súa mesa», ironiza unha autora galega explicando o feixe de peticións recibidas para participar en todo tipo de institucións falando do Día das Letras Galegas. Galicia quere hoxe darlle lustre ás súas letras, unha xornada na que o mediodía terá lugar o acto central da celebración no mosteiro de San Clodio, en Ourense. Alí, os membros da Academia participarán nunha sesión extraordinaria pública para homenaxear a Eladio Rodríguez González. Case á mesma hora, na alameda de Compostela terá lugar unha manifestación que convoca a Mesa pola Normalización Lingüística baixo o lema «O galego no ensino, materia pendente». No resto de Galicia o número de actos son incontables.

RODRI GARCÍA

15 may 2001

Un bus nocturno será la alternativa a la explosiva mezcla de alcohol y automóviles

Inquietud en el sector del taxi por la posible pérdida de clientela durante los fines de semana Cada fin de semana, la explosiva mezcla de alcohol y automóviles se convierte en una auténtica pesadilla para la policía local, que ha extremado los controles en las zonas de «movida» para convencer a los jóvenes de la necesidad de aplicar la célebre fórmula «si bebes no conduzcas». El Concello se propone ahora implantar una línea de bus durante las noches de los viernes y los sábados, para ofrecer una alternativa de transporte económica a los automovilistas. El pleno municipal aprobó ayer por unanimidad una moción del portavoz del PP, Antonio Erias, en la que se plantea establecer líneas que conecten de madrugada la Ciudad Vieja y el Orzán con el resto de A Coruña.

L. P. R.

15 may 2001

Unha carreira pola lingua

Ó redor de mil cativos empregaron a muralla para demandar un maior uso do galego A Carreira pola Lingua, unha iniciativa na que participan varios colectivos e concellos galegos, chegou onte a Lugo procedente de Pontevedra. Máis de mil nenos de 25 centros de ensino da comarca lucense festexaron a semana das letras galegas por medio dun paseo ó redor da muralla e coa asistencia a un concerto que reivindicou o emprego do galego. Esta carreira simbólica e popular finalizará hoxe en Santiago. Foi o acto máis multitudinario dos que se celebran polo Día das Letras Galegas.

REDACCIÓN

05 may 2001

En galego, con orgullo e sen prexuízo

Alumnos e representantes de colexios e institutos da provincia recolleron os premios da campaña de normalización lingüística da Xunta O salón de actos do Conservatorio de Música de Ourense reuniu onte a máis de trescentos alumnos de tódala provincia, máis profesores, directores de centro e familiares, nunha convocatoria que tiña por obxectivo facer entrega dos premios correspondentes á campaña de normalización lingüística da Xunta, «Entre nós, en galego». Sete rapaces, dous colexios e un instituto recibiron os primeiros galardóns, aínda que os xurados das catro categorías tamén distinguiron a outros moitos traballos con segundos e terceiros premios. A resposta á campaña foi masiva coa participación de preto de 5.000 alumnos ourensáns.

A. C.

04 may 2001

Mil nenos vigueses disfrutaron en galego co programa «Xogas»

Pechouse onte na Praza do Rei cunha festa Perto dun milleiro de nenos de Vigo e comarca, de idades comprendidas entre os cero e os seis anos, participaron no primer programa de dinamización lingüística do galego «Xogas», que onte pechouse cunha festa na praza do Rei na que participaron perto de douscentos cativos.

REDACCIÓN