Ninguén nace aprendido. Así que á hora de avanzar no coñecemento dun idioma vanse puíndo incorreccións. No uso da lingua galega a maior parte -que non a meirande, confusión habitual- teñen que ver coas interferencias do castelán. Poden darse erros fonéticos, gramaticais, léxicos, sintácticos...