«As multas, as prohibicións e as presións impediron o avance da Nova Canción Galega»
Benedicto García Villar, integrante de Voces Ceibes Fala e non para. Benedicto García Villar (Benedicto, sempre), un dos integrantes e impulsores de Voces Ceibes, acaba de cumplir 54 anos. Ten toda a documentación, e todo o poder de evocación, daquel movemento musical e social, daquel soño iniciado na súa Compostela natal hai 33 anos. O cantor lembra agora as palabras e as melodías, moitas veces prohibidas, en tempos de represión e dictadura. Tamén de axitación universitaria nun Santiago que se adiantou en meses ó Maio francés. Era 1967 e cantara «Al vent» Raimon no estadio da Residencia. Un ano despois entraría na escena un novo alento e sonaría por vez primeira o galego naquela universidade. O que segue son anacos da memoria dun tempo e dun país. Lembranzas do cantor que fala e non para.