O Defensor do Pobo de Castilla y León pide axilidade no ensino do galego no Bierzo
Un informe insta a que se destinen medios económicos e que se amplie o ensino a Ponferrada Os galego-falantes do Bierzo van, pouco a pouco, acadando novas metas. Agora é o Procurador do Común de Castilla y León, o equivalente ó Defensor do Pobo daquela comunidade, o que apoia as demandas dos galego-falantes, pide máis medios económicos para o ensino desta lingua e que se amplie a oferta educativa do galego a Ponferrada, como capital de comarca, e a cantos concellos do Bierzo o pidan. Polo de agora so se imparte nos de Cacabelos e Corulló. O informe do Procurador sobre o ensino da lingua galega no Bierzo ten a súa orixe nas demandas presentadas pola asociación cultural Fala Ceibe.
R. GARCIA