ELENA SILVEIRA
A ENTREVISTA
Marisol Soneira Tajes, candidata do PSOE ó Parlamento de Galicia Marisol Soneira non é novata nesto das eleccións autonómicas. De feito, xa é a terceira vez que forma parte das listas do PSOE e, nesta ocasión, de número cinco. Asegura que nos resultados electorais a última palabra sempre a ten o cidadán, aínda que xa ten ben previstos os seus obxectivos. Un deles é «sacar á Costa da Morte da marxinalidade» e, para elo, hai que potenciar as comunicacións e a formación. Tamén di que «ás veces hai unha sensación de que os cidadáns están ó servicio da Administración».