19 may 2001
Del Riego deixa a Academia Galega
A DESPEDIDA DO PRESIDENTE «Se vedes que vou moi lanzado, freádeme un pouco». As palabras non son dun rapaz disposto a comelo mundo, senón dun home, Francisco Fernández del Riego, que levaba moitos anos bregando por Galicia. Agora non se vai presentar á reelección cando en novembro acabe o mandato como presidente da Real Academia Galega.