TEMA RAG

Últimos artículos publicados

03 dic 2001

El DNI habla gallego

Las comisarías tramitan ya las solicitudes del documento en la lengua autóctona Desde ayer, cualquier ciudadano residente en Galicia que renueve su documento nacional de identidad (DNI) se encontrará con una sorpresa. El resguardo que le entregarán en la comisaría de la policía nacional estará redactado tanto en gallego como en castellano. Además, cuando, un mes después, le entreguen el definitivo carné de identidad, todos los datos que aparecen en el mismo estarán escritos en las dos lenguas oficiales del Estado.

FRANCISCO ESPIÑEIRA

01 dic 2001

«Os científicos da RAG teñen que ser ponte entre os seus compañeiros e a lingua»

Francisco Díaz Fierros, membro numerario da Real Academia Galega A Real Academia Galega defínese como unha «institución científica que ten como obxectivo fundamental o estudio da cultura galega e, especialmente, a ilustración, definición e promoción do idioma galego». O pasado 17 de novembro, este organismo celebrou una reunión que pasará á historia polo rexeitamento do chamado «acordo da concordia» para a escrita. Pero nese encontro tomáronse outras decisións que quedaron escurecidas. Entre elas, a elección de Francisco Díaz Fierros como membro da institución. É un farmacéutico, nado en Vilagarcía, que chega disposto a ser «ponte entre os científicos e a lingua». Todo un reto.

30 nov 2001

DON PACO

VÍCTOR F. FREIXANES VENTO NAS VELAS

29 nov 2001

O acordo da Academia de rexeitar a reforma do galego «é de sentido común», di a Xunta

O Goberno autonómico remite á RAG toda a responsabilidade, «porque os asuntos da lingua non son de compromiso político» O goberno galego lembrou onte por boca do seu presidente en funcións, Manuel Fraga, que a Real Academia Galega, «contra o que algúns dicen», é a que ten conferida por lei a facultade de aprobar as normas lingüísticas do galego, as que están vixentes e as posibles reformas. Daí que Fraga negara calquera conflicto político no rexeitamento por parte da RAG do cambio de normativa, e que interpretara a decisión de non aprobalo «de sentido común» e como unha responsabilidade «das persoas autorizadas» para facelo. Fraga, que recordou que o voto dos académicos é secreto, dixo que Ferrín votou «en contra das teses desa proposta».

REDACCIÓN

28 nov 2001

Xosé Ramón Barreiro, posible sustituto de Del Riego na presidencia da Academia

O secretario da institución, Constantino García, é desde hoxe ó presidente dunha xunta directiva en funcións Foi unha mágoa que unha cámara non recollera o momento. Pasaba un pouco da unha da tarde do 29 de novembro de 1997. O finado Antón Fraguas saiu do pleno da Real Academia Galega, co seu sorriso un pouco pícaro, para anunciar que o novo presidente era Francisco Fernández del Riego. Fraguas, non sen certa retranca, dixo aquilo de que alí dentro, na xuntanza, «houbo algo de chuvascos, pero pouca cousa». Desde hoxe poderían volver os chuvascos xa que na entidade non gusta, por exemplo, ver escrito algo que é vox pópuli: Xosé Ramón Barreiro podería substituir a Del Riego, cargo ó que tamén sería proposto Constantino García.

RODRI GARCÍA / CONCHA PINO

27 nov 2001

«As homenaxes son pre-exequias»

Francisco Fernández del Riego, presidente da Real Academia Galega, cargo no que cesa mañá O presidente da Real Academia Galega, Francisco Fernández del Riego, despídese mañá do seu cargo, logo de catro anos de mandato. O ilustre galeguista, que vai cumprir 89 anos en xaneiro, considera que xa fixo todo o que tiña que facer e confesa ter gañas de relaxarse e ler. Don Paco marcha contento por poder dispor de máis horas para as súas cousas, pero agobiado polo reloxo. Fernández del Riego, director da Fundación Penzol de Vigo, membro da RAG desde 1960, «inventor» do Día das Letras Galegas, e cofundador de Galaxia, desexa escribir as súas memorias, pero, con pesimismo, explica que non sabe se lle dará tempo.

BEGOÑA R. SOTELINO

24 nov 2001

As Letras Galegas van por comarcas

Colectivos da Costa da Morte e da Terra Cha teñen as súas celebracións, nalgúns casos dun mes de duración e con ampla participación O minifundio que divide Galicia afecta tamén as súas letras. A celebración do 17 de maio, ademais de litúrxica e cada vez con menos calado social, ten réplica en vilas e comarcas nas que a data é celebrada cunha ampla participación. Un exemplo disto é a pequena aldea de O Couto, a poucos metros da casa de Ponteceso onde naceu Eduardo Pondal; alí, a asociación Monte Branco organiza o Mes das Letras Galegas. Tamén na Costa da Morte piden que se dedique o Día das Letras Galegas a Labarta Pose, o mesmo que fan en Valdeorras con Florencio Delgado Gurriarán, en Ferrol con Pérez Parallé e en Lousame con o cura de Fruime.

RODRI GARCÍA

23 nov 2001

A Mesa pola Normalización di que a Academia ten a obriga de rectificar

A entidade lingüística considera que foi un erro rexeitar o acordo de reforma da normativa oficial A Real Academia Galega «equivocouse e ten a obriga de rectificar», asegura a Mesa pola Normalización Lingüística en relación co rexeitamento por maioría dos académicos da proposta de acordo para modificar a normativa oficial do galego. A permanente deste organismo argumenta que o tema non está pechado e comprométese a sumar o seu esforzo ó doutros para conseguir unha rectificación da institución académica «que non pode nin debe quedar illada do resto da sociedade comprometida coa nosa lingua».

CONCHA PINO