20 dic 2000
A «era azul» de Cunqueiro centra a tese dun investigador francés
Loïc Fravalo estudiou o traballo do autor mindoniense en xornais do Movimiento nos anos da posguerra En 1936, co estalido da guerra, Álvaro Cunqueiro marcha a Ortigueira a traballar como xornalista. Ata 1944 escribirá en periódicos afíns á nova ideoloxía do franquismo, no desempeño de tarefas de redacción e dirección. Este período, que é un dos menos estudiados da vida e obra do autor mindoniense, é o centro dunha tese que se defende hoxe na universidade francesa de Rennes. O profesor Loïc Fravalo dedicou tres anos á «era azul» de Cunqueiro, nos que falou con persoeiros como Torrente Ballester.