Ernesto Chao, actor e pregoeiro das festas de San Xoán de Carballo Os pregoeiros das festas de San Xoán de Carballo son sempre xente moi querida na vila. Nos últimos años, Augusto César Lendoiro, Sergio Pazos ou Manuel Manquiña deron o tradicional impulso ós veciños para que disfruten das celebracións. Nesta ocasión, esta labor tócalle ó actor Ernesto Chao, que interpreta a Miro Pereira na serie da Televisión de Galicia «Pratos combinados». Agora, a piques de estrear a película «Condenado a vivir», na que interpreta ó parapléxico Ramón Sampedro, asegura que no cine traballa «moi cómodo» e que «na televisión estou encasillado». O que ten claro é que o teatro é a súa raíz.
REDACCIÓN