24 jun 2001
Reeditado o libro do reencontro entre Castelao e Otero Pedrayo
A nova edición de «Polos vieiros da saudade» foi presentada onte no Pazo de Trasalba O Pazo de Trasalba convertiuse onte, como cada ano, en punto de encontro para os intelectuais e os homes da cultura de Galicia. A entrega do premio Trasalba a Méndez Ferrín serviu ademáis para presentar a reedición dunha obra de Ramón Otero Pedrayo: «Polos vieiros da saudade». Publicada en 1952, agora a Editorial Galaxia vén de reeditar este libro, que narra a primeira viaxe de Otero Pedrayo a Bos Aires, nunha edición preparada por Luis González Tosar e Alfonso Vázquez Monxardín.