Siro López, debuxante, explicou claves do humor no simposio de Ribadeo Se as xornadas Mar por medio remataron este ano cun sorriso nos beizos dalgún asistente, quizais teña que ve-la derradeira conferencia pronunciada. Siro López explicou onte claves do humor, segundo as cales Galicia é terra de humoristas coñecidos e anónimos, algo que se ve nos refráns ou nas cantigas. Tamén puxo diferencias entre o humor, a comicidade e a sátira.