21 jun 2002
«Os parques eólicos son incompatibles co tipo de turismo da Ribeira Sacra»
Alberto Gil, portavoz de Ecoloxistas en Acción - Erva Galicia A instalación de cinco parques eólicos no municipio de Chantada influirá moi negativamente na explotación do turismo rural na zona da Ribeira Sacra. Esta é a opinión de Alberto Gil, portavoz de Ecoloxista en Acción - Erva Galicia. Dende o seu punto de vista, o tipo de ocio que a Xunta intenta potenciar nos canóns do Sil e do Miño é completamente incompatible coa infraestructura necesaria para aproveitar a enerxía do vento. A Serra do Faro, un dos lugares afectados, está incluída na Rede Natura 2000.