«Loitei dunha maneira moi clara para limitar o peso dos alcaldes no Leader»
Xosé Manuel Silva Rodríguez, director xeral de Agricultura da Unión Europea Un enxeñeiro agrónomo nacido en Chantada hai 52 anos é a man dereita do todopoderoso comisario Franz Fischler no deseño da política agraria comunitaria. Xosé Manuel Silva Rodríguez chegou a Bruxelas como asesor do socialista Manuel Marín e alí segue pese ós avatares políticos que se produciron dende a entrada de España na Unión Europea. Director xeral adxunto de Agricultura dende setembro de 1997, a súa determinación foi decisiva na rebaixa da presencia de cargos públicos nos grupos de desenrolo que xestionarán o Leader Plus. A creación dun mercado de terras adaptado ós tempos que permita abrir explotacións máis competitivas é a sua receita para un país e para unha provincia que non pode imaxinar sen a existencia dos agricultores.