15 ene 2001
«Investigamos para a sociedade civil»
MARIO BERAMENDI A ENTREVISTA Xaime Subiela Pérez, membro e socio fundador de Cidadanía Cidadanía é unha cooperativa adicada á investigación social. Os traballos que elabora, lonxe de producir cifras e frías porcentaxes, teñen por obxectivo implicar ós veciños. Xaime Subiela, membro fundador da empresa, entende que a clave está na participación da sociedade e resume ese principio dun xeito conciso: «O importante é recabar información que sexa útil para o cidadán». O movemento veciñal, a xuventude ou o asociacionismo, son algúns dos eixos sobre os que pivotan as investigacións de Cidadanía.