15 nov 2001
Homenaxe ós emigrantes e á súa intensa labor social
Seijas e Hervella presentan o libro «Lalín-Bos Aires, unha historia compartida» O Concello de Lalín, a través da súa concellería de Cultura, presenta mañán no Auditorio Municipal unha mostra expositiva e un catálogo sobre os emigrantes do municipio. Baixo o título de «Lalín-Bos Aires, unha historia compartida» amósase unha selección de fotografías de Lalín de comezos de século, unha orla do libro de emigrantes do municipio coas fotografías das persoas que emigraron entre 1929 e 1934, agrupadas por parroquias, e a labor social dos emigrantes.
AMELIA FERREIROA